A terceira edición da Xuntanza de Coches Clásicos de Ourol e primeiro Rally do Concello de Ourol celebrarase o 2 de abril, sábado. Están organizados polo Club Clásicos Viveiro, que explica que “ambos eventos teñen as prazas limitadas. E podedes ir aos dous xa que non se solapan”.
Entre as actividades programadas hai un paseo turístico a partir das 11:00 horas, despois sesión vermú a cargo de Verónica Cambón e ás 14:00 horas terá lugar a comida, para as prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o 27 de marzo. Desde as 17:00 horas haberá xogos e competicións e rematarán as actividades cunha pancetada a partir das 20:00 horas.