A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro para o domingo 25 de novembro.
A ruta percorrerá Viveiro, o Penedo do Galo, a Ferveza río Guilan e Palmeiro, cunhas magníficas vistas da contorna que abranguen a costa dende O Vicedo ata San Cibrao e no interior ata o Xistral.
A saída será ás 8:00 horas do cruce da rúa Cervantes con Maestro Lugilde.
O prezo é 21 euros para os socios federados, 25€ para os socios non federados e 30 euros para os non socios. Está incluído o xantar. Para asistir hai que anotarse, antes do mércores 21. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
Colabora o Concello de Foz.