Os Sendeiros de Foz organiza unha nova ruta este sábado, 3 de agosto. Será ao Alto do Virín

Os Sendeiros de Foz invita a todos os interesados a participar no seu próximo andareiro de verán que terá lugar o sábado, 3 de agosto. A saída será ás 9:00 horas desde a Capela do Carme.

A participación é gratuíta para os federados, mentres que os non federados deberán abonar unha cota de 5 euros. A dificultade da ruta é media, polo que se recomenda levar equipo adecuado de sendeirismo.

Para anotarse e obter máis información, os interesados poden chamar aos teléfonos 670369017 e 606718482, ou enviar un correo electrónico a ossendeiros@yahoo.es. É obrigatorio anotarse antes do venres, 2 de agosto.