Os Reis Magos de Oriente recibirán á cativada de Barreiros o 5 de xaneiro na Praza do Concello de sete a oito e media da tarde.

O Concello de Barreiros xa está ultimando os preparativos para recibir ás Súas Maxestades de Oriente o mércores, 5 de xaneiro, de 19:00 a 20:30 horas na Praza do Concello, sempre e cando o tempo o permita. No caso de inclemencias meteorolóxicas a recepción farase no pavillón municipal anunciando con antelación o cambio de ubicación por este mesmo medio.

Instalado o buzón real no Concello 
Mentres non chega o día, os e as máis impacientes poden achegarse á Casa do Concello a depositar as súas peticións onde xa se atopa instalado o Buzón Real, que quedará dentro do Concello cando este se atope pechado para resgardalo do tempo.

Tamén, a cativada que queira, pode descargar a carta “oficial” para dirixirse os Reis Magos de Oriente desde a seguinte ligazón.

https://www.concellodebarreiros.gal/.../carta_reismagos.pdf
Para quen non a poida imprimir, haberá copias dispoñibles no rexistro do Concello en horario de 8:30 a 14:30h.