A Cabalgata de Reis de Cervo terá lugar mañá venres, 5 de xaneiro, ás 19:00 horas. A cita está organizada pola Asociación Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo e da Parroquia.
As súas Maxestades sairán das Escolas Vellas, e irán pola Igrexa ata o Concello. Ao remate o grupo de teatro O Bordelo, que cumpre 20 anos, presentará a súa obra "Depende" no salón de actos da casa consistorial.
Na presentación estiveron o rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés; e Carlos Sanz e Azucena Cabodevila, en representación de Airiños do Xunco.