O grupo A Rebolaxe organiza a V Foliada Nordestía a fin de semana do 20 e 21 de xullo, coa colaboración do Concello de Cervo.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron a cita cunha representación do ente organizador.
O venres, 20 de xullo, a partir das 19:30 horas, terá lugar o Festival Folklórico Infantil cos grupos Mistura (San Ciprián), Amado Lar (Ferreira do Valadouro), Saíñas (Xove), Bágoas da Terra (Viveiro) e Arco da Vella (San Miguel de Reinante).
Ás 22:30 horas será a quenda do Serán da man dos anfritrións A Rebolaxe, Tombal Sessions, Airiños do Xunco e Ledicia.
Ás 00:00 horas será o concerto dos Viqueiras e a continuación foliada libre.
O sábado, 21 de xullo, ás 12:00 do mediodía haberá Cantos de Taberna cos grupos A Rebolaxe, Os Misturos, Os Sobraos, Os do 21, Buxos Verdes, Pandereteiras de Andrade, Airiños do Xunco e Ledicia. Será nos locais participantes: El Puerto, O Pedregal, O Pulgas, Maruxaina, Terraza O Noso Lar, Terraza Torno Beach, O Faro, Nordesía, Titas, Camarote, Pizzería O Trasgo, Mesón da Ría e Mesón A Cosecha.
Ás 15:15 horas está prevista unha comida popular na carpa do muelle a base de empanada, ensaladilla rusa, polo asado con patacas, viño, auga e postre; por un prezo de 10 euros con compra de ticket anticipada ata o 19 de xullo na Terraza O Noso Lar, Bar O Faro, O Pedregal, O Pulgas, na oficina de Turismo na Casa da Cultura e na carpa ese mesmo día desde as 12:00 horas.
Ás 20:30 horas, terá lugar o Festival Folklórico Nacional cos Grupos Mistura de Lieiro, Ciudad de los Amantes (Teruel), Grupo de Danses La Xicalla (Valencia) e o Grupo Folklórico Ocle (Asturias).
Ás 23:00 horas será a actuación de Turuleque e a continuación Pan de Capazo.