O Valadouro volve a celebrar as Festas do Oito, as súas patronais na honra da Nosa Señora. Aínda que os días grandes sexan do 8 ao 11 de setembro, a programación cultural comezará unha semana antes con diversas actividades culturais.
O 2 de setembro ás 21:30 horas, farase ZumVAL, unha exhibición de zumba dun grupo de veciños e amigos de Alfoz e O Valadouro, na Praza Santa María de Ferreira. Tamén nesta praza o 3 de setembro as 19:00 horas terá lugar a XXXII Mostra Folclórica do Valadouro. Nela actuarán o Rancho Folclórico de Santa Eulalia de Cabanelas, de Portugal, a A.C A Legua Dereita, de O Corgo, e a A.C Amado Lar, de O Valadouro.
Do 4 ao 7 de setembro farase a XXXVI Semana do Teatro Afeccionado. O domingo 4 A Adala Grupo de Teatro (Fazouro) interpretará a obra “Vivan os noivos”. O 5 de setembro o Grupo de teatro Colectivo Cultural Ollomao (Barreiros) fará “O Documento”. O día 6 de setembro será a obra “Cousas de mulleres”, do Grupo de Teatro Axouxeres (Vilaronte), e xa o mércores 7 será “A morte morrida”, do Grupo de Teatro O Contiño (San Martiño). Tódalas obras comezarán as 22:00 horas, no Salón de Actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil, e da Terceira Idade Manuel Lourenzo. A entrada será de balde ata cubrir o aforo.
Do 8 ao 11 de setembro xa serán as festas en sí, comezando o día 8 ás 12:00 horas coa misa solemne, seguida da sesión vermú amenizada polo Grupo Fénix, que repite na verbena xunto co Grupo Jaque. O 9 de setembro será o Día do Concello, comezando cun pasarrúas da Banda de Música de Lourenzá ás 11:00 horas, seguido da misa solemne e da procesión, acompañada tamén pola Banda de Música de Lourenzá. A sesión vermú, na Praza de Santa María, estará a cargo da orquestra Salsarena, que tamén fará a verbena. Despois, as 00:00 horas será o Festival do Ouro (pop-rock), con Acontracorriente e Sound Sisters.
O sábado 10 terá lugar a sesión vermú, amenizada por Camelot, quen repetirá na verbena acompañada por Tentaciones. Ademais, as 17:00 horas celebrarase o Día do Neno na Praza de Santa María, con inchables, touro mecánico, festa da espuma, etc. Por último o domingo, 11 de setembro, farase unha macro sesión vermú a cargo da Discoteca Móvil Conxuro.