Os días 13 e 14 deste mes terá lugar o Trail Monte Comado. Trátase dun evento deportivo que está organizado por varias firmas coas que colabora o Concello de Barreiros.
O sábado 13 terá lugar a carreira de ½ km. en vertical. A saída será dende a praia de Arealonga, xunto ao restaurante La Yenka, e a chegada ao alto do Monte Comado. De seguido celebraranse os trails infantís no cume do propio monte.
O domingo 14 desenvolverase o trail de 10 km e 28 km que estrea trazado, percorrendo puntos do concello como Cornería, Penabor, Santo Estevo do Ermo e Comado, entre outros.
O prazo de inscrición remata o 11 de outubro e pode facerse en montecomado.galitiming.com e mediokmverticalmontecomado.jimdo.com
Os organizadores deste evento son: Casa Elena, Peña Barcelonista San Miguel, Taxi Antonio Valea, Pinturas Centeno, Hotel Ría do Masma, Autodelfín, Moirón Electromecánica e Meta. A organización anima a participar a todo o mundo en calquera das distancias da proba e prometen “un trato familiar para o corredor como ven sendo xa habitual nestes últimos anos. É importante coidar os percorridos, pero aos participantes moito máis”.