O Seminario de Estudos do Valadouro presenta en Alfoz o 1 de setembro o segundo número da revista "Candea Branca".

O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presenta este sábado, 1 de setembro, o número 2 da súa revista Candea Branca. O acto terá lugar  na Casa da Cultura de Alfoz ás 20:00 horas.

Esta segunda entrega abarca desde xaneiro de 2017 ata xullo de 2018 e presenta traballos literarios e de investigación de autores mariñáns. Neste número hai colaboracións de Arturo Mogo, Antonio Reigosa, Andrés García Doural, Xoan Ramón Fernández Pacios, Lola Sánchez Orol, Paco Piñeiro, Xosé Isidro Fernández Vilalba, Fran Bouso, Claudia Pena, Pablo Mosquera, Beatriz Yáñez, Rita Morrigan, Alfonso Otero Regal, Pedro Rubal, Isaac Ferreira, Ramón Hermida, Alberto Geada, Lionel Rexes, Xavier Pardiñas, Pepe Blanco, Susi Paz e Miguel Vila.

A publicación recolle ademais a sección de noticias do SEVA coas actividades organizadas polo Seminario, e a sección dos máis novos onde rapaces e rapazas do colexio Santa María do Valadouro, colexio Castro de Ouro de Alfoz e do instituto Alfoz-Valadouro presentan tamén textos e investigacións da súa autoría. Inclúense ademais dúas entrevistas a Ana Lorenzo, xornalista de TVE natural de Alfoz, e a Ramón Casas, que foi profesor do colexio de Alfoz e do instituto Alfoz-Valadouro e na actualidade dirixe o grupo de teatro Ollomao de Barreiros.