O programa de Nadal do Concello de Xove desenvolverase do 17 de decembro ao 5 de xeneiro. Haberá música, teatro, maxia e a Cabalgata de Reis.

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Mª Dolores Meitín, presentaron o programa de Nadal que se desenvolverá do 17 de decembro ao 5 de xaneiro.

O venres 17 de decembro ás 20:30 horas, no salón de actos do centro cívico, celebrarse lugar a III Gala do Emprendemento Local na que haberá a actuación musical de Ugia Pedreira. As prazas son limitadas e as reservas pódense facer no teléfono 982 59 20 01. Un 10% das prazas reservaranse para distribuír no momento do evento.

O sábado 18 ás 20:00 horas, no pavillón municipal de deportes, terá lugar a gala musical Un conto de Nadal. O luns 20, ás 18:00 horas, no salón de actos do centro cívico, Teco presentará o espectáculo infantil Abetiño soñaba co Nadal. O martes 21, ás 18:00 horas, no salón de actos do centro cívico, Mere Clown presentará o espectáculo infantil O axudante de Papá Noel. O mércores 22, de 18:00 a 20:00 horas, no salón de actos do centro cívico, haberá unha festa infantil coa visita de Papá Noel e chocolatada gratuíta ao final. O xoves 23, ás 19:00 horas, no salón de actos do centro cívico, celebrarase o tradicional concerto de Nadal a cargo da Escola Municipal de Música de Xove.

O domingo 26 ás 19:00 horas, no salón de actos do centro cívico, ofrecerán un concerto os Acordeonistas da Mariña. O luns 27, de 10:00 a 13:00 horas, dará comezo a semana Lecer Branco que se prolongará ata o día 30. As prazas están limitadas a 30 e as reservas pódense facer no teléfono 669 161 387. É unha actividade dirixida aos socios da ANPA Pedro Caselles Rollán, que é a organizadora, e o prezo é de 25€. A data límite para inscribirse é o 22 de decembro.

O martes 28 ás 17:00 horas, na OMIX, terá lugar o escape room virtual El robo del Toisón, dirixido á rapazada a partir de 6º de Primaria. A inscrición pódese facer no centro xuvenil ou chamando ao 982 57 18 16, antes do día 28. Tamén o martes 28, de 18:00 a 20:00 horas, no salón de actos do centro cívico, celebrarase un baile infantil de disfraces por Nadal. 

O mércores 29 ás 18:00 horas, no salón de actos do centro cívico, o Mago Charlangas presentará @Temporal. O xoves 30, ás 19:00 horas, no salón de actos do centro cívico, ofrecerá un concerto Sons de Celeiro. O venres 31 ás 11:00 horas, no pavillón municipal de deportes, haberá unha festa infantil de fin de ano.

O domingo 2 de xaneiro de 2022, ás 19:00 horas, no salón de actos do centro cívico, Pico do Castro presentará a obra de teatro O Terapeuta. O luns 3, ás 19:00 horas, no salón de actos do centro cívico, haberá unha velada de cine coa proxección das curtas: Escamas, Sangue!, Mare, To the sea e Veleno. Ao final terá lugar unha charla-coloquio.

O martes 4 será o Día dos Nenos e as Nenas. De 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas, haberá xogos acuáticos na piscina municipal; e de 16:00 a 20:00 horas, inchables no pavillón municipal de deportes.

O mércores 5 a partir das 19:00 horas a Cabalgata Especial de Reis percorrerá as rúas de Xove e visitará a Residencia San Bartolo. As súas Maxestades sacarán fotos cos nenos e nenas á súa chegada ao centro cívico. Ás 20:00 horas, no pavillón de deportes, haberá música coa Discoteca Móvil Decibelio´s. As persoas voluntarias que queiran participar na Cabalgata terán de prazo para anotarse ata o luns 27 de decembro, chamando á OMIX (982 571 816).

Todas as actividades do departamento de Cultura son con prazas limitadas ata completar aforo e poderán sufrir modificacións segundo a situación socio-sanitaria do momento. Pódese obter máis información na web do Concello. Será obrigatorio o uso de mascarilla, gardar a distancia de seguridade e de atoparse mal, con febre, etc…, non acudir aos actos.

O Concello de Xove quere agradecer aos veciños e veciñas voluntarios e voluntarias de todo o concello e ás asociacións colaboradoras nestas actividades.