O Concello do Vicedo organiza unha subida do río Sor en kaiaks este mércores, 28 de agosto

O Concello do Vicedo organiza unha subida do río Sor en kaiaks para este mércores, día 28 de agosto, ás 10 horas.

O percorrido partirá do porto do Vicedo, cruzando a ría, pasando por debaixo das pontes sobre o Sor, visitando a Illa de San Martiño, en Negradas, e rematando, río arriba, nas Ribeiras do Sor. A volta realizarase en vehículos da empresa Actividades Estaca.

As inscricións para participar poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95 ou do correo electrónico omix@concellodovicedo.org.