O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Xuventude, Crisitna Iglesias, presentaban hoxe o programa Verán Xove 2023.
As actividades que se van desenvolver darán comezo o día 13 de xuño, con rutas a San Antonio da Rigueira. O prazo para anotarse remata o 12 de xuño. Ademais haberá Encontros para Saúde: Obradoiro de Memoria, dirixido a persoas maiores de 60 anos que se levará a cabo dos días 3 ao 31 de xullo. As inscricións para esta actividade poden facerse entre o 15 e o 28 de xuño.
Tamén se celebrará un Obradoiro Tecnolóxico de Verán sobre informática, dirixido a nen@s de 1º de Primaria ata 4º de ESO, do 4 ao 10 de agosto. As inscricións, ata o 28 de xuño, deben facerse na OMIX.
As actividades deportivas inclúen o programa Móvete no Verán, adicado a nen@s e rapaces dende 3 anos, que abarca xogos, chuiquirritmo, sesións de baile moderno e full body. Ademais haberá ximnasia para adultos e pilates. Tamén se desenvolverá Pádel no Verán, do 3 de xullo ao 18 de agosto, a partires de 6 anos. Haberá iniciación ao rugby, dende 6 anos, os días 10, 17, 24 e 31 de xullo, e 7 e 14 de agosto. Para estas actividades as inscricións pódense facer ata o 28 de xuño na OMIX.
Ademais levarase a cabo o programa Xove Concilia no Verán, do 24 de xuño ata o 6 de setembro, con actividades de entretemento para nenos de 4º de Infantil ata 4º de Primaria. As prazas son limitadas e as inscricións teñen que facerse na OMIX ata o 22 de xuño. Tamén haberá o programa Mañáns Activas durante os meses de xullo e agosto, para rapaces de 10 a 16 anos, con obradoiros de manualidades, xogos deportivos e actividades na natureza. As inscricións deben facerse na OMIX ata o 28 de xuño.
Por outra banda, o programa Xuventude inclúe un campamento en Morás, os días 12, 13 e 14 de xullo, a partir de 4º de Primaria. As prazas son limitadas. Haberá visitas ao kartódromo de Tapia e ao Laberinto de Rinlo, o día 28 de xullo, para rapaces a partir de 4º de Primaria; viaxe ao aquapark de Cerceda, o 5 de agosto, a partir de 1º de ESO; e escape room La Maldición Pirata, no centro xuvenil, a partir de 2º de Primaria. A inscrición para estas actividades vaise realizar na OMIX unha semana antes de que se realicen.
Ademais levarase a cabo o programa Xuventude en Roq Sport con parque de aventura o 5 de xullo, rapel o 19 de xullo, kayaks o 2 de agosto e paint bal o 9 de agosto. Tamén haberá Xuventude en A Balea Verde que se vai desenvolver os días 7 e 21 de xullo, e 4, 11 e 25 de agosto, incluíndo kayaks, deportes de praia e snorkel. As inscricións deberán facerse na OMIX ata dous días antes de cada actividade. As prazas son limitadas.
Finalmente celebraranse os Domingos a Remollo na praia de Lago, os días 2, 9, 16, 23 e 30 de xullo, e 6, 13 e 20 de agosto, en horario de tarde, con saídas en kayak e padel surf. A inscrición poderá facerse na praia media hora antes da actividade.
As delegacións de Xuventude e Deporte, Servicios Sociais e Igualdade e a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Xove organizan estes programas co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e de Xuventude.