
O programa dará comezo o domingo, día 5, coa 2ª Andaina Maruja Mallo ás 10:00 horas.
O mércores, 8 de marzo, haberá un concerto de Sofía Espiñeira no Conservatorio de Viveiro ás 20:30 horas, que organiza o Colectivo Pensamento e Sementeira. O sábado, 11 de marzo, terá lugar unha cea-baile de irmandade no Restaurante Louzao ás 22:00 horas.
Ademais están programados varios obradoiros baixo o título de Cóida-T cun horario de 17:00 a 20:00 horas. As prazas son limitadas. O primeiro, Quére-T, é o día 8 sobre Saúde e Muller. Continúan o día 15 con Gústa-T de Automaquillaxe, o día 22 é Cóme-T sobre nutrición, e o día 29 Míma-T sobre Autocoidados.
Nesta programación tamén figuran dúas exposicións. No salón de actos do Concello do día 1 ao 8 pode visitarse a titulada Mamá Traballadora, e na Biblioteca Municipal do día 8 ao 18, Traballos e Mulleres.