O Concello de Foz organiza actividades de Nadal ata o 26 de xaneiro

O Concello de Foz organiza diferentes actividades de Nadal ata o día 26 de xaneiro.

“O Nadal é tempo de ilusión e de parón nos colexios para os máis pequenos. Polo que Foz enche estes días de actividades para toda a familia. O Concello e ás asociacións culturais programan diversos actos para desfrutar destas datas”, anuncia a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “as luces de Nadal xa brillan en Foz e o paseo esta vez pode ter premio. Nos comercios locais e nos edificios municipais (Casa da Cultura, Concello e CENIMA) poderanse atopar os trípticos para participar buscando as sete bólas do dragón agochadas no alumeado de Nadal. As papeletas deberan depositarse no buzon do Concello ata o 4 de xaneiro. O dragón Sheron aparecerá e os Reis Magos entregarán os regalos aos agraciados”.

Esta fin de semana a é a compañía teatral O Centiño quen realiza a representación A morte morrida na Sala Bahía o sábado 7 ás 19.00 horas. Recolleranse donativos para o banco de alimentos municipal. O venres 13 Mircromina teatro traerá a súa Alma de Cartón á Sala Bahía ás 20.30 horas, unha obra para maiores de 16 anos con entrada gratuíta. O sábado 14 será a Coral Polifónica a que encha de música ás rúas de Foz ás 12.00 horas na glorieta de Vilalba e ás 20.00 horas na Igrexa Parroquial, acompañada do grupo Mar Aberto. O día 20 na Sala Bahía ás 20.30 horas a compañía Tropo non tropo representará A morte xusto antes dos bosques; o prezo da entrada será de 10 euros.

A concelleira de Cultura engade que “o Nadal empeza de verdade cos festivais e a partir do 21 teremos o da Subela, o 22 o da Escola de Música e o 23 o do Feitizo. O martes 24 Papá Noel chegará a Foz e os nenos da escola de música cantaranlle e saudará a todos os que queiran visitalo. Será a partir das 12 horas na Praza do Concello, na casiña de Papá Noel. O día 26 comezan as actividades na carpa da Sala Bahía, onde haberá inchables, obradoiros, nerf e moitas actividades en horario de 11 a 14 e de 17 a 20 horas, ata o día 29. O 28 a Banda de Música deleitaranos co seu gran concerto de fin de ano, ás 20 horas na Sala Bahía. E o día 30 na Casa da Cultura teremos un contacontos ás 12 horas, con Paco Nogueiras”.

Inés López Couto anuncia tamén que “xa no 2025 chegarán as súas maxestades os Magos de Oriente. O día 5 a tradicional cabalgata de Foz encherá as rúas de cor de maxia. E para levar mellor un xaneiro sempre difícil o día 12 ás 18.30 horas na Casa da Cultura teremos o concerto de arpas de Lulavai; e pechando o mes o 26 de xaneiro na Sala Bahía ás 12 horas, teatro para os máis pequeniños, Cu-cú, Tas-tás, de Títeres Cachirulo”.

“Esperamos que todos gocemos desta programación feita para que o Nadal sexa unha época de ilusión e desfrute en familia”, finaliza a concelleira de Cultura.