O Concello de Cervo, a través da delegación de Igualdade, programa diferentes actos polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Así, o sábado 25 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián, haberá unha charla baixo o título Autoestima. Aprende a valorarte, a cargo de Prudencia Santasmarinas (Pencha).
A continuación, o grupo de teatro Ardora de San Ciprián, collerá o testigo representando un sketch dirixido por Paz Rodríguez Silva; co título Grandeza de ser muller.
En canto remate a obra, terá lugar unha parolada en feminino entre todas e todos os asistentes ao acto.
A programación do acto, organizado pola delegación de Igualdade que dirixe Pilar Armada, foi consensuada por todas as asociacións de mulleres do municipio; Alborada, Asoc. De Mulleres de San Ciprián, Mulleres en Igualdade (CERMEI) e Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.