Mañá mércores, 24 de febreiro, ten lugar unha efeméride moi importante no calendario galego: o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa das nosas letras.
Para conmemorar ese día, a delegación de Cultura do Concello de Cervo, convia a participar no concurso “Versos de Rosalía”.
Desde o Concello explican: “envíanos os dous versos que máis che gusten da escritora no formato que desexes (fotografía, debuxo, vídeo, audio, texto...) Valorarase a orixinalidade. Establécense dúas categorías: senior e xuvenil, con tres premios en cada unha delas. Fainos chegar as túas creacións antes das 17:00 horas deste mércores 24 de febreiro ao correo dinamizacion@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 691 656 600. Recorda incluír o teu nome e apelidos, idade, teléfono e lugar de procedencia. Os/as gañadores/as daranse a coñecer ás 20:00 horas do mesmo 24 de febreiro”.