O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar en Cervo e en San Ciprián.
A actividade foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, e polo profesor internacional de baile de salón, Francisco Villarino.
As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427
O 7 de setembro está prevista unha reunión ás 21:00 horas, na Casa da Cultura, para concretar horarios, a data de comezo das clases e a organización dos grupos.
As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá.