O Concello de Burela organiza cursos e bolillos, bailes de salón e bordado. O prazo para inscribirse remata o 3 de febreiro

O Concello de Burela organiza cursos de bolillos (martes pola mañá e pola tarde), bailes de salón (martes e xoves pola tarde) e bordado (mércores pola mañá e pola tarde e xoves pola mañá).

Os cursos son para persoas empadroadas en Burela e para participar hai que inscribirse na Casa do Concello do 28 de xaneiro ao 3 de febreiro.