O alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de Cultura, Dolores Meití, e varios directivos da Asociación Autoclásicos de A Mariña realizaron a presentación do Calendario 2019.
O calendario está composto por fotos de todo o concello. En cada imaxe de cada un dos meses móstranse distintos vehículos clásicos (coches e motos) pertencentes a distintos membros da asociación.
A realización deste calendario contou coa participación da Asociación de Autoclásicos da Mariña, a quenes dende o Concello de Xove lles agradecen a súa colaboración.