O vindeiro domingo, 21 de maio, terá lugar na parroquia de Lago (no campo da festa e o seu entorno, anexo ao centro social), no termo municipal de Xove, a XXI Feira Nacional de Gando Cabalar organizada pola asociación equina A Medela, de Xove.
A feira vai comezar ás 10:00 horas coa apertura de mesa de inscricións para todas aquelas persoas que queiran participar cos seus animais, e despois comezarán os distintos concursos, que en total van a repartir cerca de 2.000 euros en premios
Os actos rematarán cunha proba de habilidade de burros ás 19:00 horas e a entrega de premios e o sorteo dun xato.
Os organizadores agradecen, por último, o patrocinio do Concello de Xove, a colaboración de numerosas empresas, Garda Civil de Xove, Protección Civil da Mariña, Cabaleiros e a tódolos espectadores.