A Concellería de Medio Ambiente organiza un obradoiro de conservas avanzado que terá lugar o 20 de setembro na praza de abastos de Burela. Esta actividade forma parte da programación da Semana da Mobilidade 2018.
Segundo explica Noelia Mª Ben “o obradoiro terá unha duración de 3 horas lectivas nas que se elaborarán as seguinte receitas: xalea de froitas, crema de froitas de tempada, froita confitada e pementos caramelizados”.
A edil burelesa engadiu que “impartirá o obradoiro Luísa Mª Granja Domínguez, máis coñecida como Yuma, que xa deu o curso de iniciación ás conservas hai uns meses no noso concello e tivo unha gran demanda. Degustaranse produtos elaborados no obradoiro e cada participante levará varias mostras dos produtos e un pequeno manual con recomendacións e receitas”.
Para participar neste obradoiro hai que inscribirse no Concello na oficina técnica de xestión ou chamar aos seguintes teléfonos: 982 58 60 00, 982 58 08 67 ou 647 13 66 73. Terán preferencia os veciños e veciñas empadroados en Burela.