A Feira, que se desenvolverá no aparcadoiro municipal, a carón da piscina municipal, dará comezo ás 10:00 horas e ás 11:00 terá lugar o concurso morfolóxico de cabalo de pura raza galega.
Ás 12:00 haberá unha demostración de traballos pé a terra con redeas longas con cabalo de pura raza galega por Xacobe Pérez, presiente da Asociación Pura Raza Cabalo Galega. Ás 12:30 horas na Casa da Cultura terá lugar unha conferencia titulada Razas Autóctonas Galegas, que correrá a cargo de Juan Carlos Puente, vicepresidente de Can de Palleiro. Ás 13:00 horas será a I Poxa de Raza Rubia Galega da Mariña e ás 16:30 horas celebrarase unha demostración de traballos á amazona con cabalo de pura raza galega, ofrecida por Xacobe Pérez.
Na II Feira de Razas Autóctonas Galegas da Mariña repartiranse 4.000 euros en premios e a entrega celebrarase a partir das 18:00 horas nas inmediacións da carpa. Haberá premios ao Lote por Cantidade Gando Cabalar Pura Raza Galega e ao Lote por Cantidade Gando Vacún Razas Galegas de 150 euros para o 1º, 100€ para o 2º e 75 euros para o 3º. Ademais haberá premios ao Mellor Semental Gando Cabalar Pura Raza Galega e á Mellor Femia Gando Cabalar Pura Raza Galega de 140 euros para o 1º, 120€ para o 2º e 100 euros para o 3º. Tamén se premiará ao Mellor Semental Gando Vacún Rubia Galega, á Mellor Femia Gando Vacún Rubia Galega, ao Mellor Semental Gando Vacún Morenas Noroeste, e á Mellor Femia Gando Vacún Morenas Noroeste con 150 euros aos primeiros, 100€ aos segundos e 50 euros aos terceiros. Ademais haberá premios ao Lote por Cantidade Burro Fariñeiro, Lote por Cantidade Porco Celta, Lote por Cantidade Cabra Galega e Lote por Cantidade Ovella Galega de 150 euros para os primeiros, 100€ para os segundos e 75 euros para os terceiros. Finalmente establécense un primeiro premio dotado con 100 euros ao Lote por Cantidade Galiña de Mos máis de Saves e ao Lote por Cantidade Pita Piñeira máis de Saves.
A inscrición previa pode facerse na Casa da Cultura de O Valadouro entre os días 21 e 29 deste mes de xaneiro, en cultura@valadouro.org ou no teléfono 982 571 516.