A vindeira fin de semana, o sábado, 18 de novembro, a Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro vai celebrar, xa inmersos nunha climatoloxía outona, o xa tradicional Mercado de Outono.
Desde o Concello indican que aínda quedan prazas para que se anoten postos e poden facelo en horario de mañá no seguinte número de teléfono 982 57 15 16.
O 18 de novembro desde as 10 da mañá, pola rúa Andrés López Palmeiro haberá artesanía e produtos de tempada. A media mañá no posto do Concello farase unha degustación de caldo de castañas e ao remate da mañá sortearase entre todos os asistentes un lote de produtos.
A nota musical vaina poñer a SCR Ledicia, de Burela, dentro do programa Musiqueando da Deputación de Lugo.
A xornada rematará coa celebración do tradicional magosto no pavillón polideportivo municipal a partir das 21:00 horas. E haberá unha actuación dúo Eclipse.