O 17 de agosto terá lugar no Valadouro o II Día da Bicicleta, que organiza a Delegación de Deportes

A Delegación de Deportes do Concello do Valadouro organiza o II Día da Bicicleta, que se desenvolverá o 17 de agosto. 

A saída está prevista para as 17:00 horas A recepción de inscritos e de camisetas de 16:00 a 17:00 horas.

Haberá unha ruta familiar, para nen@s menores de 12 anos, acompañados dun adulto responsable.

Desde a Delegación de Deportes explican: “local social Concepción Arenal (antigo Matadoiro) e explanada para a saída da ruta. Avituallamento a metade de ruta. Sorteo de material deportivo ao final da Ruta”.

Inscrición previa nas oficinas da Casa da Cultura de 9:00 a 13:30 ata o venres 16 de agosto.