No Valadouro impartirase un obradoiro creativo de manualidades, que se desenvolverá de novembro a xuño

O Concello do Valadouro organiza un obradoiro creativo de manualidades, que será impartido no Local Social Concepción Arenal (Antigo Matadoiro) a partir do 7 de novembro ás 16:00 horas.

A duración das actividades está prevista dende o 7 de novembro de 2023 ata o 28 de xuño de 2024. O prazo de solicitude iníciase este luns, 30 de outubro.

As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público de 09:00 a 14:30 ou na Casa da Cultura do Concello do Valadouro tamén en horario de atención ao público de 09:00 a 20:30.

As persoas interesadas poden atopar aquí as bases de participación e o modelo de inscrición.

https://cutt.ly/owEcndRt

https://cutt.ly/YwEcU33R