A asociación Mariña Patrimonio organiza a presentación online do libro Contrahistorias de Galicia de Antonio Reigosa, que se celebrará este venres, 27 de novembro, a partires das 19:30 horas.
Este libro do escritor mindoniense Antonio Reigosa presenta textos breves e fermosas ilustracións de Rita Gutiérrez, nos que recolle datos curiosos sobre diferentes personaxes, uns coñecidos e outros “esquecidos e ignorados pola historia oficial”, en palabras do propio autor. Nestas contrahistorias, ademais do torque de Burela, atopamos tamén personaxes da Mariña como Eustorgia Acebo, Antonia Díaz Pérez ou o Merlín de Cunqueiro.
Nesta presentación, que se poderá seguir a través do facebook de Mariña Patrimonio, intervirán: o autor, Antonio Reigosa; a ilustradora, Rita Gutiérrez; e mailo editor, Miguel Noval.