A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, informaron que xa se poden adquirir as entradas para asistir á Ópera Madame Butterfly, que se celebrará en dito municipio mariñán o 2 de novembro ás 20:30 horas no auditorio municipal. No acto participou tamén o Concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz.
As persoas interesadas en participar nesta cita, que terá lugar no auditorio da casa da cultura, poden facerse coas entradas en www.ataquilla.com. Os prezos varían entre os 15 e 20 euros. Co fin de evitar completar o aforo dende internet, hai reservadas 100 entradas que se porán a venda o mesmo día.
Trátase dunha das operas máis recoñecidas da historia de música, e unha das máis representadas. É considerada ademais unha das principais obras de Puccini. Será representada pola compañía da Ópera Nacional de Moldavia, que xa realizou diversas actuacións no Concello burelés, nas que sobresaíu a calidade interpretativa da orquestra, cantantes e actores.