Este xoves, 9 de maio, ás oito e media da tarde na Librería Bahía, en Foz, terá lugar a presentación do libro Luto en colores da xornalista Silvia Melero Abascal.
Trátase dunha obra que busca repensar a morte para celebrar a vida, e nace tras a experiencia persoal da autora pola perda da súa irmá. Xurdiu coa pretensión de romper o tabú da morte por suicidio, pero foise abrindo a abrazar outros tipos de dó tamén invisibilizados, como as mortes de cativos. É unha invitación á diversidade e á pluralidade porque hai moitas formas de vivir a norte, a despedida e o dó. É ademais unha aposta pola creatividade como ferramenta para superar a dor e homenaxear aos nosos seres queridos, facendo da súa ausencia unha presenza chea de aprendizaxe nas nosas vidas.
A autora, Silvia Melero Abascal, é impulsora do proxecto que leva tamén o nome de Luto en colores, e ten colaborado en diversos medios de comunicación con reportaxes polas que recibiu unha decena de premios de xornalismo.