Foz acollerá o 1 de setembro a primeira "Reviravolta Normanda", unha carreira de 5 quilómetros con obstáculos.

Foz acollerá o día 1 de setembro, venres, a primeira edición da Reviravolta Normanda, unha carreira de cinco quilómetros con obstáculos. O evento foi presentado cun acto ao que asistiu o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

A carreira constará de dúas categorías, elite e afeccionado, e comezará ás oito da tarde na Praza Conde de Fontao. A entrega de dorsais será a partir das seis da tarde, os participantes na categoría elite sairán ás 20:30 horas e os de afeccionado ás 20:45. Haberá obsequio de camiseta e bolsa para os corredores. 

Ademais do alcalde de Foz, á presentación asistiron membros da asociación Desembarco Normando, que é a organizadora do evento, e de Run Foz Run, colectivo que colabora con esta carreira.

A inscrición para participar poderá realizarse a través da páxina web galitiming.com.