As festas de San Bartolo en Barreiros celébranse do 23 ao 25 de agosto

As festas na honra de San Bartolo en San Cosme de Barreiros celébranse desde o venres 23 ata o domingo 25 de agosto.

As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas cunha churrascada popular e música a cargo do dúo Belinda, a orquestra Galilea e o DJ Alejandro Martínez.

O sábado 24, día de San Bartolo, ás 13:00 haberá misa solemne e despois procesión e actuación de O Arco da Vella. A continuación empezará unha sesión vermú longa co dúo Belinda. Na verbena actuará a orquestra El Combo Dominicano alternando co DJ Alejandro Martínez.

E o domingo haberá sesión vermú longa con Charanga Mekanika Rolling Band e grupo Fénix. Na verbena actuará o grupo Fénix e o DJ Alejandro Martínez.