Espasande de Abaixo, en Riotorto, celebra as festas de San Bartolo do 23 ao 25 de agosto

A localidade de Espasande de Abaixo, no concello de Riotorto, celebra as festas na honra de San Bartolo, esta fin de semana: desde o venres 23 ata o domingo 25 de agosto.

As actividades empezarán o venres cunha comida popular e a partir das 22:00 horas haberá verbena amenizada pola cantante Verónica Cambón.

O sábado a partir das 10:00 horas Gaiteiros de Riotorto ofrecerán un pasacalles. Ás 13:00 horas celebrarase misa e despois procesión e sesión vermú coa orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo La Hora Bruja.

E o domingo haberá misa ás 13:00 horas e despois procesión e sesión vermú, amenizada polo dúo Venús, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Principal.

A comisión organizadora das festas destaca que o campo estará cuberto con carpa.