En Riotorto celebrarán as festas de San Pedro o 29 de xuño

Haberá misa ás 13.30 horas e a continuación sesión vermú co Dúo Dilema. Despois comida veciñal servida polo catering Las Salinas. O menú estará composto por empanada, salpicón de marisco, churrasco, criollos, polo, postre e bebidas. O prezo para os adultos será de 28 euros e os nenos de 5 a 12 anos pagarán 12 euros. O aforo está limitado a 100 persoas. As tarxetas estarán á venda nos bares da localidade e na gasolineira ata o 22 de xuño.

Despois de comer actuará de novo o Dúo Dilema.

O evento está organizado polo Concello de Riotorto.