Mondoñedo celebrará o XXX Mercado Medieval, unha edición simbólica, os días 12, 13 e 14 de agosto. Unha edición marcada pola volta á normalidade na celebración dunha festa histórica e de Interés Turístico Galego, que ademais é das máis antigas do seu xénero en Galicia. Polo tanto, volverán as actividades de degustación gastronómica e haberá unha representación ambiental e simbólica cun marcado carácter histórico e cultural que inclúe actividades na Praza da Catedral, onde se recreará a imaxe da cidade na Edad Media.
O sábado 13 de agosto ás 12.00 horas terá lugar o pregón que correrá a cargo de voluntarios do Mercado Medieval. Dito pregón realizarase desde o balcón da antiga Casa Consisterial, situada na Praza da Catedral. Tras o pregón terá lugar o acto simbólico da Porta Medieval “A Fonte”. Durante este día haberá actividades como a exhibición de cetrería, o combate e adestramentos de cabaleiros, o Gran Torneo Medieval e a Cea posterior. Para amenizar as rúas celebraranse tamén concertos de música mediaval e actuacións de teatro. O lugar no que se poden ver estos actos será na Praza da Catedral e a Praza do Seminario.
O domingo os veciños e a xente que se acerque a Mondoñedo poderá seguir desfrutando das mesmas actividades. Sen embargo, ás 13:30 celébrase a voda medieval polo rito mozárabe na Fonte Vella, unha actividade que non se pode perder ninguén pola súa historia e tradición.
Durante estes días poderase disfrutar tamén de demostracións e vendas de productos artesáns e típicos da terra e degustacións gratuitas de liscos, pan, viño e cervexa. Ademáis haberá unha exposición e demostración de oficio de cantería, cerámica, serigrafía, lá emonicreques de obradoiros mindonienses na Praza da Catedral. En relación aos postos de venta, son un centenar os habilitados que terán a súa ubicación marcada previamente. Durante toda a fin de semana haberá preto de 80 actividades distintas para o disfrute de todos aqueles que se animen a visitar o Mercado Medieval.
O Concello de Mondoñedo agradece á asociación Pasatempo e a Amigos do Mercado Medieval toda a súa aportación constante, compromiso e colaboración coa posta en valor da historia da cidade e co Mercado Medieval.