ACIAL e o Concello de Lourenzá organizan o Domingo de Piñata, que se celebrará o 10 de marzo. Contan coa colaboración do CEIP Juan Rey e de Hermida. Haberá pulpo e churrasco no recinto feiral.
Ás 16:30 horas terá lugar a saída do desfile, amenizado coa actuación de Dúo Musical.
Os premios na categoría Infantil serán: Individual con 65€ ao 1º, 55€ ao 2º, 45€ ao 3º, 40€ ao 4º e 30€ ao5º; Parellas con 125€ ao 1º, 100€ ao 2º, 75€ ao 3º e 50€ ao 4º; e Grupos con 250€ ao 1º, 200€ ao 2º, 150€ ao 3º e 100€ ao 4º. Na categoría Adultos os premios serán: Individual con 150€ ao 1º, 100 € ao 2º e 75€ ao 3º; Parellas con 200€ ao 1º, 150€ ao 2º e 100 € ao 3º; Grupos de 3 a 10 persoas con 250€ ao 1º, 200€ ao 2º e 150€ ao 3º; e Grupos de máis de 10 persoas con 300€ ao 1º, 250€ ao 2º e 200€ ao 3º.
Tamén haberá premios para: Comparsas con 350€ para o 1º, 250€ para o 2º, 150€ para o 3º e 100€ para o 4º; Carrozas con 350€ ao 1º, 250€ ao 2º e 100€ ao 3º; e Charangas con 300€ ao 1º e 200€ ao 2º. Ademais haberá un premio especial ao máis chistoso de 100€..