En Cervo o 25 de maio terá lugar o XVII Encontro de Palilleiras. A inscrición para participar está aberta

O Concello de Cervo retoma este ano o tradicional Encontro de Palilleiras, que xa vai pola XVII edición e que se celebrará o próximo 25 de maio, na carpa instalada na Praza dos Campos, tal e como informou a edil de Servizos Sociais e Educación, Pilar Armada.
 
As persoas interesadas en formar parte do evento, con prazas limitadas, poden anotarse na Casa da Cultura (982.59.51.57). A actividade complementarase cunha feira de artesanía e coa instalación de postos de venta de produtos relacionados coa actividade.