A cita ábrese co pregón que pronunciará Sara González García, elixida mellor enxeñeira química xove de España pola Real Academia de Enxeñería. Será o 28 ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.
O programa inclúe o día 29 a IV Ruta a Cabalo As Quenda 2017. Haberá teatro e pola noite ás 21 horas concerto de Hugo Torreiro, na Casa da Xuventude.
O 30 de abril haberá unha exhibición hípica (concurso de saltos) na Granxa e ás 20:00 horas concerto de A Roda, no auditorio Pascual Veiga.
E o 1 de maio celebrarase a Feira Tradicional de Gando Cabalar, a Festa da Empanada e o Mercado de Produtos do Campo Galego.
Nas Quendas haberá tamén as VI Xornadas Gastronómicas de Carne de Poldro Galego, grupos de gaitas, Títeres, obradoiros de amasado de pan e o recital poético musical Mondoñedo é poesía.