A asociación do Centro Comercial Histórico de Viveiro, en colaboración co Concello, organizan a VI edición da Feira de Stocks que se celebrará dos días 21 ao 23 de agosto, e terá lugar nos Xardíns Noriega Varela.
Haberá un total de doce stands dedicados á venda de moda de home, muller, nenos e xuvenil, regalos, complementos, deportes, mobles, decoración e artigos de fogar. Os artigos terán importantes descontos, e o obxectivo é dar aos comerciantes a oportunidade de liquidar todo o seu stock. Dende a asociación consideran que o éxito de pasadas edicións estivo baseado na variedade de sectores e artigos postos á venda a prezos moi reducidos.
O horario da feira será de 11:00 a 14:00 horas, e de 18:00 a 22:00 horas.
Desde Centro Comercial Histórico de Viveiro subliñan que os establecementos comerciais asociados abrirán as súas portas mañá, 15 de agosto entre as 11 da mañá e as dúas da tarde.