Este venres, 2 de febreiro, comezan as Festas da Candelaria na parroquia de Rúa, no concello de Cervo, que se prolongarán ata o vindeiro domingo, día 4.
Hoxe, venres, a partir das 22:00 horas, haberá verbena coas orquestras Ritmo Joven e Capitol.
O sábado, 3 de febreiro, ás 13:00 horas terá lugar unha misa cantada e procesión. A continuación celebrarase unha sesión vermú coa orquestra Compostela, e pola noite a verbena estará amenizada polas orquestras Compostela e Panamá.
O domingo, 4 de febreiro, ás 13:15 horas haberá unha misa cantada e procesión, e a continuación a sesión vermú coa orquestra Abanico que volverá a actuar na verbena a partires das 20:30 horas.
Os festexos terán lugar nunha carpa pechada con calefacción.
Estas festas da Candelaria están organizadas pola comisión de festas de Rúa coa colaboración do Concello de Cervo e a Comunidade de Montes Veciñais.