Do 18 ao 20 de agosto trinta comercios focenses participarán nunha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA.

Desde mañá, xoves, e ata o 20 de agosto trinta comercios focenses participarán nunha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. Estes locais ofrecerán aos seus clientes diversos descontos e ofertas especiais nos seus produtos.

As tendas participantes no Comercio na Rúa son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Óptico, Arrullos, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Isla, La Flor Abulense – 2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, Mc Automotive, Mercería Vera, N1 Zapatillas, Ofifoz, Sensación Surf, Sueños, Unique – 2, Vas’s, Vas’s Outlet, Xanela Complementos e Xoguetería Bahía.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima a aproveitar esta cita: “as rebaixas de verán están a piques de rematar e os comercios de Foz sacan de novo á rúa os seus produtos durante tres días. Cada un ofrece as súas promocións e descontos especiais. Este é un bo momento para facernos con artigos de tempada a prezos moi interesantes”. 

Colaboran con esta nova edición do Comercio na Rúa de AciaFozCCA a Xunta de Galicia, o Concello de Foz e  Impulsa Foz.