Volve o programa Cultura na Rúa, cargado de actuacións para as noites de verán: cinema, teatro, música, humor e maxia daranse cita na Praza Santa María, de Ferreira do Valadouro.
Este sábado, 17 de xullo, ás 20:30 horas haberá un concerto da Asociación Acordeonistas da Mariña. Para o día 24 á mesma hora está programado un espectáculo de música e clown titulado Con fusión a cargo de Piscore. O domingo 25, tamén ás 20:30 horas, Fantoches Baj representará unha obra de monicreques titulada Os novos lobos. Ese mesmo día ás 22:30 horas proxectarase a película Cuñados. E o sábado 31 o mago David Méndez ofrecerá o espectáculo Maxia de aquí e acolá.
Para asistir a esta programación recoméndase a inscrición previa no teléfono 982.57.15.16 de 9 a 14 horas e de 15:30 a 20:00 horas. Para a película Cuñados é necesario retirar as entradas gratuítas na Casa da Cultura no mesmo horario.