Do 13 ao 15 de agosto terán lugar as festas na honra da Nosa Señora en Ourol.
O sábado 13 ás 10:00 horas terá lugar o Gran Premio San Roque – Ourol, unha competición ciclista con distintas categorías, organizada polo Club Ciclista Viveiro.
O domingo 14 comezará a celebración as 21:00 horas co pregón das festas, que corre a cargo de Javier Mariño Chao, profesor do IES María Sarmiento e autor do libro “La jarra del trotamundos”. Despois ás 22:15 horas realizarase a gran cena popular, servida por Catering Rochela de Vilalba, seguida por unha gran verbena amenizada polo Grupo Fénix e a Orquestra Venezia.
Xa o luns 15 as 13:00 horas será a misa solemne e a procesión, á que seguirá a sesión vermú prolongada no atrio da Igrexa, amenizada polo Grupo Tapyöka.
Os festexos están organizados polo Concello de Ourol.