Mañá, venres 1 de outubro, dá comezo a XVIII edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón.
Este venres o grupo de teatro Axouxeres, de Vilaronte-Foz, representará a obra Cousas de Mulleres.
O sábado, 2 de outubro, o grupo O Torques, de Burela, presentará O Randiña.
E o domingo 3 de outubro, Farándula Velutina, de Corcubión, porá en escena A derradeira bala.
Todas as representacións terán lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval a partir das 20:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.
A cita enmárcase na programación cultural do Concello de Ribadeo.