A Deputación de Lugo organiza nos seus centros de atención a maiores, en Trabada, Pol, Ribadeo e A Fonsagrada, un programa de actividades para os usuarios e usuarias con motivo do Día da Muller.
Está previsto que fagan lecturas conxuntas de obras escritas por mulleres, participen en charlas-coloquio sobre o papel de mulleres galegas referentes, desenvolvan obradoiros de realización de agasallos e visualicen unha serie de vídeos nos que as protagonistas son as mulleres que viven en cada unha das residencias.
Centros e actividades
CAM de Trabada
-8 de marzo: Obradoiro de elaboración de agasallos para as mulleres do CAM de Trabada.
-11 de marzo: Charla-coloquio Os fitos alcanzados polas mulleres ao longo dos anos. Homenaxe ás mulleres galegas que fixeron historia. Ademais, proxectarase o vídeo A historia das nosas mulleres do CAM de Trabada.
-13 de marzo: Obradoiro de realización de carteis do programa Alternativa Saudable.
CAM de Ribadeo
-Do 9 ao 13 de marzo: Lecturas de escritoras dentro do ciclo Homenaxe e introdución da biografía da autora.
-9 de marzo:Safo e o Son, de Juana Inés de la Cruz.
-10 de marzo: Rosalía de Castro e Primi Nécega, ademais haberá unha actuación musical de Laura, versionando temas compostos por mulleres.
-11 de marzo: Gabriela Mistral e Alfonsina Storni.
-12 de marzo: Ana MªMatute.
-13 de marzo: Gloria Fuertes.
CAM de Pol
-11 de marzo: Charla-coloquio Os fitos alcanzados polas mulleres ao longo dos anos. Homenaxe ás mulleres galegas que fixeron historia. Ademais, proxectarase o vídeo A historia das nosas mulleres do CAM de Pol.
Por outra banda, a Deputación de Lugo colabora coa organización da marcha reivindicativa pola igualdade que se celebrará mañá en Lugo. A institución sufraga o palco que se instalará na Horta do Seminario para facer de tribuna das oradoras. Ademais, a fachada do Pazo de San Marcos loce pancartas de cor violeta en reivinndicación da igualdade entre homes e mullleres co lema “Querémonos vivas, libres e iguais. Querémosvos vivas, libres e iguais”..