O próximo 25 de maio, sábado, chega a Alfoz o Centro Dramático Galego para celebrar o seu 40 aniversario cunha programación especial que está a levar a xira por 100 concellos de Galicia. Esta representación está programada para as 18:00 horas no aparcadoiro da piscina municipal, pero en caso de choiva trasladarase ao pavillón polideportivo.
O Centro Dramático Galego presentará o texto de Roi Vidal “De Vilatriste a Vilalegre”, a bordo do Furgón Utópico. Trátase dunha creación de pequeno formato baixo a dirección artística de Teatro o Cubo.