A cantautora Sofía Espinheira actuará en Viveiro o mércores, 8 de marzo, nun concerto programado polo colectivo Pensamento e Sementeira.
Este recital terá lugar no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro ás 20:30 horas. A entrada é libre ata completar o aforo.
Sofía Espinheira foi a gañadora no ano 2015 do II Certame de Canción de Autor do Concello de Teo o que lle permite gravar o seu primeiro disco, Alá onde agroman as herbas. Este traballo dálle pé a comezar a súa andaina como cantautora que inicia co seu primeiro concerto en decembro dese ano no festival Treme a terra en Pontedeume. Durante o 2016 continuou a desenvolver a súa xira de concertos en diferentes salas e espazos culturais presentando o seu álbum.