A asociación cultural Lume Escénico celebra o seu décimo aniversario cun ciclo de teatro na Pontenova do 26 de marzo ao 22 de abril
A primeira representación será este domingo, 26 de marzo, ás 19:00 horas e correrá a cargo de Ollomao, de Barreiros, que representará O documento.
O 1 de abril, sábado, ás 20:00 horas Achádego, de Lugo, escenificará a obra Nadal na casa dos Lamelo.
A seguinte representación do ciclo será o sábado 15 de abril ás 20:30 horas. Trípode, de Alfoz, ofrecerá a obra O Muro.
E para rematar o 22 de abril, sábado, ás 20:30 horas Lume Escénico, de A Pontenova, representará Albergue Casa Marelo.
Este ciclo está organizado pola asociación cultural Lume Escénico coa colaboración do Concello de A Pontenova.