A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, organiza unha cea baile para o 16 de marzo, sábado, desde as 21:00 horas. Será no pavillón de Alfoz e estará amenizada polo grupo Lume.
O menú estará composto por cecina, empanada, croquetas, codillo, sobremesa, café, chupito e viños Rioja e Albariño. O prezo para os socios do colectivo organizador é de 25 euros, mentres que outras persoas que queiran participar deben pagar 27 euros.
Para as reservas os interesados poden contactar nos seguintes números de teléfono (mellor por WhatsApp): 603.89.57.53 (Borja) ou 617.29.97.98 (Daniel). O prazo para apuntarse remata o 12 de marzo.