Alfoz acolle unha exposición contra a violencia de xénero ata o 14 de febreiro

O Castelo de Castrodouro, en Alfoz, acolle a exposición itinerante titulada Á violencia de xénero dille... Non!. Estará aberta ata o día 14 de febreiro e pode visitarse neste horario: de xoves a domingo, de 15:00 a 18:30; e os domingos, de 10:30 - 14:00 horas.

Esta actividade enmárcase no programa do Concello de Alfoz contra a violencia de xénero.