O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acolle o 19 de decembro, domingo, a partir das 18:00 horas un espectáculo infantil no que Fran Rei presenta un espectáculo unipersoal para público infantil que mestura narración oral, humor e maxia: O conto de Barriga Verde. Escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela). O conto de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro de Manuel María.
E a continuación, ás 19:00 horas, tamén no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar a entrega de premios do XIX concurso de postais de Nadal organizado polo Concello de Alfoz.