O Concello de Foz organiza un ano máis o Día da Bici, que se celebrará o 28 de setembro. Unha cita moi agardada por pequenos/as e maiores, que a convirte nunha actividade familiar na que compartimos unha marcha polas praias.
Sairá do Parque Infantil de Tráfico ás 16 horas e como é costume, a zona de avituallamento estará no parque do Río Ouro, onde os participantes repoñerán forzas para volver con ánimo ao punto de partida.
Ao finalizar non faltará o sorteo da bicicleta, de agasallos e dalgunha que outra sorpresa. E como non, a entrega de premios, sempre disputada: mellor disfraz, bici mellor engalanada, máis nova/o e máis veterano/a.
A inscrición será solidaria, aportando 1kg de produtos para o Banco de Alimentos. Agora mesmo o que máis falta fai son leite, aceite, cacao, conservas, tomate frito e artigos de hixiene e limpeza. Esta pode realizarse do 23 ao 27 de setembro na Casa da Xuventude e o mesmo día 28 no Parque Infantil de Tráfico, en horario de 14:30 a 15:30 horas.
Con Concello colaboran o Club Ciclista Foz, así como a Policía Local e Protección Civil, e Motos Baltasar, Frutas Morriña e Supermercado Froiz.